♦ DÉCIMO ANIVERSARIO DE ITÍNERA

O martes 10 de marzo de 2015 na Sala de Conferecias de "Afundación", tivemos ocasión de celebrar o décimo aniversario da Asociación Itínera. Case 140 persoas encheron por completo a sala para un acto adicado a todos aqueles que colaboraron e colaboran dalgún xeito con Itínera e que nos fan sentir que nunca camiñamos sos.

 

♦ DÍA DA SAÚDE MENTAL

O martes 9 de outubro de 2012, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía, có gallo do Día Mundial da Saúde Mental organizamos unha ponencia con posterior mesa redonda en conxunto con TP Galicia, ASBIGA, Fonte da Virxe, Xaruma e Andaina pro-saúde mental, coa colaboración do SEPIU e coordinada polo Dr. Ramón Area Carracedo.