Os días 8, 9, 15 e 16 de abril de 2016 celébrase a que será a quinta edición do Curso de Voluntariado en Saúde Mental. Este ano se levarán a cabo unha serie de charlas e actividades en torno a temática "A sociedade enferma".

Descarga o programa do curso

Páxina da USC con información relativa á inscripción

Os días 17, 18, 24 e 25 de abril do 2015 celebrouse a cuarta edición do Curso de Voluntariado en Saúde Mental. O lema do curso foi "O labirinto da saúde mental".

Os días 21, 22 e 28 e 29 de marzo de 2014 celebrouse a terceira edición do Curso de Voluntariado en Saúde Mental. Este ano os contidos do curso centráronse principalmente na cuestión dos estigmas e os tabús en torno as enfermidades mentais, e contou con charlas, mesas redondas e dinámicas de grupo, entre outras actividades. Estes cursos capacitan ós voluntarios para un mellor desempeño do seu traballo a prol da saúde mental á vez que serven de foro de debate sobre a problemática da atención ás persoas con TMS. Descarga o programa do III Curso de Formación en Voluntariado en Saúde Mental.

O último fin de semana de febreiro e o primeiro de marzo do ano 2013 celebrouse o II Curso de Formación de Voluntariado en Saúde Mental, que capacita os voluntarios da Asociación a través de charlas, mesas redondas, exercicios, debates, visionado de filmes, etc. para un mellor desempeño do seu traballo a prol da saúde mental. Descarga o programa do II Curso de Formación en Voluntariado en Saúde Mental.