♦ FÚTBOL
O “Tornillos” é o noso equipo de fútbol. Trátase dun programa de integración social a través do deporte que consiste na formación dun equipo mixto, composto por persoas con TMS e un 25% de voluntarios sociais.
Por outra banda, contamos tamén con un equipo feminino, formado tamén por usuarias e voluntarias, que entrena xunto co equipo masculino.
Descrición da actividade:
A actividade consiste en adestramentos semanais e na celebración de partidos con equipos de afeccionados cada tres meses.
Lugar de realización:
Campo de fútbol cedido pola Sociedade Deportiva Conxo.
Data de realización:
De setembro a xullo. Adestramentos: venres pola tarde.
♦ DEFENSA PERSONAL
Lonxe do que poden dictar os prexuízos asumidos xeralmente pola nosa sociedade, o colectivo de persoas que sofren TMS son con maior frecuencia víctimas de actos violentos que perpetradores destos. A defensa personal aúna nunha mesma actividade a práctica dun deporte saúdable coa aportación de habilidades que axudan a reforzar a seguridade en sí mesmos en personas que normalmente manifestan una baixa autoestima.
Descrición da actividade:
Un monitor explica en sesións prácticas como un cidadán corrente pode defenderse das situacións de violencia física que poden darse na vida cotiá.
Lugar de realización:
CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
Data de realización:
De setembro a xullo. Dúas sesións os mércores de 18:30 19:30 e de 19:30 a 20:30.



