A Asociación Itínera nace no ano 2005 como pouso fructífero das experiencias de voluntariado levadas a cabo desde o ano 1993 no Hospital Psiquiátrico de Conxo. En esos doce anos puxéronse en marcha programas educativos, recreativos e deportivos e participaron máis de 400 voluntarios.

O obxectivo era lograr un maior nivel de socialización das persoas con trastornos mentais severos e loitar contra o empobrecemento ambiental que caracteriza á institucionalización.

Agora queremos trascender o Hospital e dar apoio a estas persoas na comunidade facilitando a súa integración, a participación social e a reducción do estigma que supón padecer unha enfemidade mental. Contamos coa axuda do Centro Especial de Emprego, ERIT.

Para isto ofrecemos unha serie de programas e actividades que nestas páxinas vos presentamos a todos.


Páxina da Asociación en FacebookPáxina da Asociación en Facebook
Páxina de ERIT en FacebookPáxina de ERIT en Facebook

Todas as actividades da Asociación Itinera teñen carácter gratuíto e universal e levanse a cabo con financiamento do Servizo Galego de Saúde Mental, a través do convenio para a realización do PROGRAMA DE FOMENTO FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO NO CAMPO DA SAÚDE MENTAL.

SERGAS


Entidades colaboradoras:
Fondo Social Europeo Consellería de Política Social Concello de Santiago de Compostela Fundación José Otero - Carmela Martínez
Deputación da Coruña Universidade de Santiago de Compostela SERGAS