A través de grupos de traballo ou cuadrillas, formadas polas persoas usuarias e voluntarias, estase a recuperar un espazo hoxe abandonado onde estaba o antigo cemiterio do Hospital Psiquiátrico de Conxo. No traballo realízase tanto a limpeza de camiños, muros, edificacións, paseos, e o seu mantemento constante.
Obxectivos:
- Ocupar o tempo de lecer en actividades
constructivas.
- Incrementar as oportunidades de socialización e
dinamización dos pacentes.
- Incrementar a capacidade de traballo en
equipo.
- Educación medioambiental e respeto aos valores
ecolóxicos.
- Recuperación dun espacio natural axeitado para disfrute
dos pacentes do centro, e no seu caso, a poboación en
xeral, que leva vinte anos nun estado de
abandono.
- Dar a coñecer aos voluntarios, comunidade psiquiátrica e a poboación en xeral a importancia de edificios civís de considerable valor da arquitectura tradicional galega, edificios que eran de uso habitual en décadas pasadas no Hospital Psiquiátrico (muíño, cemiterio, lavadoiro, merendeiro).
Descrición da actividade:
Consiste na formación de grupos de traballos ou cuadrillas formadas por voluntarios sociais, ainda que neste programa as persoas con diagnóstico psiquiátrico tamén poden entrar a formar parte da categoría de voluntarios.
As actividades a realizar consisten en:
- Limpeza de camiños, muros, edificacións, paseos... e o
seu mantemento constante.
- Clasificación de especies arbóreas e reconstrucción dos edificios en ruinas para o seu posible uso e revitalización da zona.
Lugar de realización: antiga alameda e o vello cemiterio do Hospital Psiquiátrico de Conxo.
Data de realización: todo o ano, mércores pola tarde.