Os sábados e domingos un grupo de rapaces/as acude á Casa Rectoral de Merza, no concello de Vila de Cruces, nun exercicio de convivencia. Entre as actividades que alí se realizan temos: sendeirismo e excursións programadas a lugares de interese histórico ou cultural, así como ás distintas romarías populares. No verán levamos a cabo campamentos temáticos de cinco días.

A Casa Rectoral

A Asociación solicitou aos párrocos da Parroquia de Santa María de Merza e ao Bispo de Lugo a cesión do uso da Casa Reitoral de Merza para levar a cabo Programas de Respiro Familiar tódolos fins de semana e, durante o verán, realizar campamentos cun número maior de participantes.

A casa ten capacidade para catorce persoas, e logo de distintas reparacións e a instalación dunha chimenea de ferro que funciona con leña, está sendo utilizada de forma óptima.

Descrición das actividades

Os usuarios participan tanto nas actividades cotiás da casa (comprar a comida, limpala, coidar o xardín, reparacións da casa), como en diversas actividades que se organizan os fins de semana: sendeirismo, rutas a cabalo, xogos de equipo, etc.

Número de usuarios: ata un número de dez por fin de semana.

Lugar de realización: Casa Reitoral de Merza.

Data de realización: fins de semana.

 

Programa subvencionado por:

Deputación da Coruña