O 14 de setembro de 2012 celebrouse no Cemiterio Vello de Conxo o I Ciclo de cinema ó aire libre "Noites de cine e lúa", coa proxección de tres películas có galo da Semana Cultural de Conxo.

Case un ano despois, o venres 13 de setembro de 2013 celebrouse no interior do Hospital Psiquiátrico de Conxo a segunda edición de Noites de cine e lúa, onde se proxectaron dúas longametraxes.

O 12 de setembro de 2014, de novo venres, celebrouse tamén no interior do Hospital Psiquiátrico de Conxo a terceira edición de Noites de cine e lúa, onde se proxectaron as longametraxes "Pánico en el Transiberiano" e "A noite dos mortos vivintes", e a curta de Georges Meliés "Viaxe á Lúa".

Neste proxecto colaboraron a Asociación Itínera, que se responsabilizou do acondicionamento dos espazos de proxección, e o Concello de Santiago, que a través do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre se encargou dos aspectos técnicos do evento.

Esta actividade diríxese ó público en xeral, particularmente ós veciños do barrio de Conxo, ainda que tamén ós internos do Centro Psiquiátrico e ós integrantes doutras entidades sociais e culturais que traballasen na rehabilitación psicosocial das persoas con Trastornos Mentais Severos. Na primeira edición, axeitouse un espacio axardinado dentro do Cemitero para a montaxe dunha pantalla. Unha vez rematadas as proxeccións o espacio voltou quedar pechado para seguir traballando na súa rehabilitación medioambiental.

Obxectivos:

  • Crear un evento cultural, organizado e dirixido por persoas con TMS para ó publico en xeral e cunha temática alonxada da enfermidade e do eido da Institución.
  • Facer visible para o público en xeral un traballo de rehabilitación medioambiental que leva desenvolvéndose durante case unha década.
  • Colaborar conxuntamente con entidades culturais da cidade para a creación dunha rede de integración social efectiva e alonxada da institucionalización.
  • Responsabilizar a persoas con TMS dunha actividade dirixida á sociedade.