♦ PROGRAMA AMIGO

Co programa Amigo preténdese mellorar a calidade das relacións sociais dos usuarios, favorecendo vínculos de amizade cos voluntarios, para acadar un maior apoio emocional e instrumental real e percibido.

É un programa de creación de rede social para persoas que carecen dela como consecuencia do illamento producido pola súa enfermidade. As persoas que solicitan este servizo, entran en contacto co grupo de voluntarios/as que promoven unha participación máis activa en actividades da vida cotiá (cafeterías, cine, paseos...) ou nas propias actividades da organización.

Hai unha necesidade intrínsecamente humán que é fundamental para o desenvolvemento da persoalidade: a necesidade de amor e afecto. Con este programa de acompañamento tentamos que se sintan mellor a través desta relación, que incrementen a súa autoestima, o concepto do seu valor propio como persoas mediante o sentimento de ser querido, valorado, de ser respetado polos outros, de compartir sentimentos e experiencias, do sentimento de sentirse importante para alguén.

Este programa axuda a crear as condicións nas que afloren relacións intepersonais o máis parecidas posibles a amizade natural que poidera xurdir entre o usuario e o voluntario, co fin de acadar para o primeiro unha rede social sana que poida protexelo de novas recaídas.

 

♦ OBRADOIROS ARTÍSTICOS

Por medio de diversos obradoiros os usuarios poderán amosar os seus talentos artísticos e desenvolverán a súa creatividade e habilidades plásticas ao tempo que se lles achega ao mundo das artes dende dentro.

Obxectivos:

  • Aprender a interpretar imaxes do entorno social, cultural e natural.
  • Desenvolver a creatividade individual e grupal.
  • Fomentar a responsabilidade en tódolos ámbitos.
  • Fomentar a planificación, analizando fases, componentes e resultados.
  • Acercarse ó coñecemento dos distintos modos de expresión artística.
  • Relacionarse con outras persoas e participar en actividades de grupo.
  • Buscar o goce artístico como camiño a felicidade.
  • Apreciar a investigación con diversas técnicas.
  • Coñecer as diversas técnicas e procedementos das artes.

 

Obradoiro de artes plásticas

Actividade onde as persoas que participen poidan coñecer diversas técnicas e procedementos da plástica ao longo da historia da arte. Experimentación co debuxo técnico, modelado con barro e pintura, así como iniciación ao gravado, ao modelismo e á fotografía.

Número de usuarios: ata un número de oito.

Data de realización: xoves pola mañá.

 

♦ BAILE

Un variado grupo de usuario/as, voluntarios/as e profesionais reúnense cada xoves para aprender e practicar bailes de salón, especialmente bailes latinos como o merengue, a bachata ou a salsa. Ademáis, con certa frecuencia, o grupo fai salidas nocturnas a locais de baile para por en práctica as súas novas destrezas.

Número de usuarios: sobre 20.

Lugar de realización: sala da columna da Residencia Universitaria Monte da Condesa.

Data de realización: xoves de 20:00 a 21:00.

 

♦ LUDOTECA

Usuarios e voluntarios póñense cada semana arredor dunha mesa para divertirse cun novo xogo. Trátase de xogos que polo seu alto grado de dificultade requiren un esforzo especial ata aprender as súas complexas mecánicas á vez que teñen a virtude de estimular a creatividade dos xogadores.

Lugar de realización: sede da Asociación.