PROGRAMAS ANOS ANTERIORES (ANO 2025)
PROGRAMA ECO


É un programa que pretende mellorar a incorporación social e a formación e empregabilidade das persoas con trastorno mental severo e/ou discapacidade. Con este fin, o programa pon o foco en tres ámbitos concretos:
Formación: A través de actividades que buscan mellorar e adquirir coñecementos dunha forma participativa e adaptada
Cultura: Empregándoa como medio para mellorar a participación social e fomentando o pensamento crítico
Empregabilidade: Mellorar neste ámbito a través da formación continua e de actividades específicas
FINANCIAMENTO

Fundación José Otero-Carmela Martínez a través do seu plan de Axudas a entidades con fins sociais para o ano 2025

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E INMIGRACIÓN
Ao abeiro da Orde do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, para o ano 2024 (TR352A).


CONSELLERÍA DE SANIDADE
Ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (SA500A)


Convenio de colaboración en materia de Servizos Sociais co Concello de Santiago para o ano 2025.

DEPUTACIÓN DA CORUÑA Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2025 (FOIE)

PROGRAMA FOIE 2025
IMPORTE CONCEDIDO: 3.248,50€
COEFICIENTE DE FINANCIAMENTO: 0,7984

















PROGRAMA HEBE
É o noso programa de prevención sobre saúde mental facendo especial fincapé na detección de conductas de risco e a prevención do suicidio, dirixido á mocidade de entre 10 e 18 anos.

A través de sesións nos centros educativos, campamentos urbanos e actividades dirixidas a aquelas persoas con maior vulnerabilidade, pretendemos identificar conductas de risco e aportando medidas e recursos de prevención, ao tempo que ofrecemos un espazo de lecer seguro seguro dende o que poder traballar.
FINANCIAMENTO

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA HERACLES
É un programa de formación e capacitación en saúde mental. Pretendemos mellorar a capacitación das persoas voluntarias, das entidades, das persoas profesionais, e persoas coidadoras e familias, a través de formación específica na atención a persoas con problemáticas de saúde mental. Queremos dar visibilidade ao labor das persoas voluntarias ao tempo que buscamos mellorar os mecanismos de detección de risco por parte de todos os axentes que participamos neste ámbito.FINANCIAMENTO

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
Ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (BS508B)


PROGRAMA HERMES
Este programa componse de actividades de diferentes ámbitos: lecer e tempo libre, cultura, formación ou deporte destinadas, á adquisición de habilidades sociais e coñecementos culturais das persoas participantes e como un respiro para as persoas coidadoras, fomentando así a súa integración en actividades normalizadas na propia comunidade. As persoas destinatarias deste programa son as persoas con trastorno mental severo e/ou discapacidade e as súas familias/persoas coidadoras.FINANCIAMENTO

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2025

PROGRAMA FOAXE-P 2025

IMPORTE CONCEDIDO: 10.962,00€
COEFICIENTE DE FINANCIAMENTO: 0,7976



CONSELLERÍA DE SANIDADE
Ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (SA500A)









PROGRAMA JANO
É un programa de carácter integral e holístico destinado a mellorar a autonomía, autoestima a autodeterminación das persoas con tms e/ou discapacidade a través de diferentes actividades relacionadas coa promoción da vida independente, fomento de autoestima e aprender a realizar trámites. As metodoloxías que se empregan nas actividades teñen un carácter eminentemente práctico, utilizando metodoloxías como o roleplaying ou dinámicas.FINANCIAMENTO

FUNDACIÓN LA CAIXA, ao abeiro da Convocatoria de Proyectos Sociales Galicia 2024

PROGRAMA LAR
É un programa de promoción da autonomía persoal e atención de coidados dirixido a persoas cun diagnóstico de trastorno mental severo cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%. Trátase dun programa integrado por diferentes actividades relacionadas en especial con actividades da vida diaria, como a alimentación, a realización de trámites ou o manexo de emocións.FINANCIAMENTO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE
Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social , con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (BS623D).


PROGRAMA LIMES
Trátase da nosa nova liña de traballo fóra do entorno máis próximo a Santiago e que comezará desenvolvéndose na Estrada. Iníciase no ano 2024 como consecuencia do incremento de persoas participantes deste concello e o interese amosado dende institucións e profesionais. O obxectivo principal do proxecto é ofrecer ás persoas con trastorno mental severo e/ou discapacidade da Estrada, actividades de carácter cultural e lecer que lles permitan mellorar a súa participación social.
Inicialmente as actividades a desenvolver estanse centrando en crear conexións entre as posibles persoas usuarias a través de actividades de acompañamento por persoas voluntarias, ao tempo que realizamos actividades de lecer. Todo o anterior complementase con obradoiros de autocoidado a desenvolver ao longo do ano.
FINANCIAMENTO

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2025.
Importe concedido: 3.757,47€


PROGRAMA IBIS
É un programa de voluntariado social sénior orientado a que persoas de 55 anos en diante poidan empregar a súa experiencia e coñecementos a través da súa participación como persoal de apoio en varias actividades, promovendo o establecemento dun diálogo interxeracional. As persoas voluntarias participan en actividades de diferentes ámbitos que abarcan dende a formación, actividades comunitarias ate actividades relacionadas coas TIC.FINANCIAMENTO

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

Ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (BS508C)


PROGRAMA IRIS
É un programa de dinamización e fomento do voluntariado social en saúde mental dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade, consta dunha serie de actividades que teñen por obxectivo poñer en contacto ás persoas mozas con persoas en risco de exclusión social e persoas con Trastorno Mental Severo e/ou discapacidade a través de actividades nas que as persoas mozas desempeñan un rol de persoa voluntaria que ofrece apoio e dinamización. As actividades abarcan diferentes eidos como o lecer, a educación medioambiental ou o deporte.FINANCIAMENTO

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
Ao abeiro Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil , e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (BS320A).