PROXECTOS EN COLABORACIÓN ANO 2024
BARRACA XXI
A Fundación SGAE, con motivo do 125 aniversario de Sociedade Xeral de Autores e Editores, desenvolve en Santiago de Compostela o proxecto de escolas sociais Barraca XXI.
A escola social de Santiago, englobada no proxecto xunto doutras seis cidades do estado español, nace da alianza entre a asociación Itinera, voluntarios en saúde mental, o Hospital Psiquiátrico de Conxo, e a propia SGAE, e ten como foco de aplicación o eido da saúde mental. O obxectivo da escola é impulsar o proceso de integración e socialización de persoas con trastornos mentais severos, fomentando a participación, a formación e a confluencia nunha experiencia artística común con creadores e creadoras asociadas á SGAE das áreas da música, o teatro, a danza e o audiovisual.
Talleres de teatro, música, e realización audiovisual, masterclass, e outros eventos, servirán de base para a creación dun espazo común entre usuari@s e creador@s, no que se desafíen tabús e se logre unha comunicación fluída entre o mundo da cultura e o da saúde mental.
En alianza coa Fundación SGAE dende Febreiro do 2024 ata Decembro do 2024

ACTIVIDADES DA ESCOLA SOCIAL BARRACA XXI - ANO 2024
TALLERES REGULARES
- Taller de Radio (Podcast). Orientado por Javier Pérez “Jas”
Quincenal os Luns 18:30h-20h no Local da Asociación Itinera.

Convidados: Rosa Bugallo (24 de Xuño), Arturo Kress (22 de Xuño)

- Taller de Audiovisual (Introdución práctica ao linguaxe audiovisual) cunha duración de 20h formativas teórico-práctico. Orientado por Roberto Castón.
Os xoves pola tarde durante o mes de outubro os días 3, 10, 24 e 31; e no mes de novembro os días 7 e 14 no Centro da Portela.

- Taller de Cabaret Musical. Orientado por Nelson Quinteiro.
Semanal os Venres de 17-18:30h no Centro da Portela.
En alianza coa Fundación SGAE dende Febreiro do 2024 ata Decembro do 2024

TALLERES EVENTUAIS
- Taller de teatro. Orientado por Avelino González

Os días 3-4 e 10-11 de Agosto. Campamento de verán na Casa rectoral de Merza (Vila de Cruces)
MASTERCLASS
REALIZADAS
- Masterclass de Diego Ameixeiras “O xénero negro na literatura e no cine”. II Xornadas Literarias Kapitan Mette.
O mércores 19 de Xuño ás 16:30h na Biblioteca do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

- Masterclass interactiva con Arturo Kress. Clube de Lectura.
O luns 22 de Xuño ás 17h no Local da Asociación Itínera.