| ACTIVIDADES REGULARES 2023-2024 | |||
|---|---|---|---|
| ACTIVIDADE | DESCRICIÓN | LUGAR | HORARIO |
| APOIO EDUCATIVO | Clases de apoio a persoas que están a preparar materias de diferentes niveis formativos (ESAD, FP, Bacharelato), así como probas de acceso ou oposicións. | Local da Asociación Itínera (R República Arxentina, 22, 5º E) | Luns a venres 10:00 a 14:00 |
| CLUBE DE LECTURA E OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA | Consiste na lectura dun libro cada 2 semanas. En cada sesión realízase unha posta en común e posteriormente cada persoa elabora un texto propio en base a unha idea comentada no grupo. | Local da Asociación Itínera (R República Arxentina, 22, 5º E) | Luns 17:00 a 18:00 |
| SPEAKING | Grupo de conversa en inglés guiado por un persoa nativa. | Local da Asociación Itínera (R República Arxentina, 22, 5º E) | Luns 16:00 a 17:00 |
| REPOSTERÍA | Aulas prácticas de iniciación á repostería nas que as persoas participantes aprenden a elaborar postres sinxelos, procurando, na medida do posible, que sexan saudables. | Antiga Escola Rural da Portela Lugar da Portela (s/n) Figueiras | Luns 17:00 a 20:00 |
| DEBATE E ANÁLISE CRÍTICO | Escóllense temas de actualidade e confórmanse grupos en base á elección dos mesmos. Cada persoa debe investigar sobre o tema que escolleu preparar a argumentación co seu grupo. Realízase unha exposición dos temas e un debate sobre os mesmos. | Casa das Asociacións de Cornes (antiga estación de Cornes) R/ Manuel Beiras, 3, 1º andar | Martes 16:30 a 18:30 |
| INFORMÁTICA | Aulas de iniciación á informática e á ofimática básica. Realízanse 3 quendas cada día segundo o nivel do grupo. Cada clase dura 1h | CSC Aurelio Aguirre de Conxo Rúa Campo de Conxo, 15 | Martes e Xoves 10:00 a 13:00 |
| EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL | Actividade de concienciación sobre a importancia de respectar o medioambiente e o patrimonio natural. Realízase a través de andainas e limpeza de camiños e recollida de lixo. | Zona do Banquete de Conxo, Brañas do Sar (localizacións variables) | Mércores 15:30 a 18:30 |
| CLUB DE CINEMA | Cinefórum: realízase unha presentación do filme antes do seu visionado, ao remate do mesmo, realízase un pequeño foro para compartir opinión e escoller o filme para a seguinte sesión | Antiga Escola Rural da Portela Lugar da Portela (s/n) Figueiras | Xoves 16:30 a 18:30 |
| INGLÉS | Clases de inglés participativas e dinámicas. Establécense dúas quendas en base ao nivel do grupo de 1h de duración. | Local da Asociación Itínera (R República Arxentina, 22, 5º E) | Venres 10:00 a 12:00 |
| COCIÑA E AUTONOMÍA DOMÉSTICA | Actividade dirixida a adquirir nocións básicas de cociña (elaboración de menús, elaboración de receitas…), e adestramento e mellora nas actividades domésticas (limpeza, coidado de utensilios...) | Antiga Escola Rural da Portela Lugar da Portela (s/n) Figueiras | Venres 12:00 a 16:00 |
| OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS | Actividade dedicada a adestrar e adquirir habilidades sociais (comunicativas, xestión de emocións, resolución de conflictos…) a través de dinámicas (debate, role-playing...) | Antiga Escola Rural da Portela Lugar da Portela (s/n) Figueiras | Venres 16:30 a 17:15 |
| HABILIDADES MUSICAIS | En cada sesión desenvóvense dinámicas orientadas a mellorar distintas habilidades musicais: zumba, tocar instrumentos... | Antiga Escola Rural da Portela Lugar da Portela (s/n) Figueiras | Venres 17:15 a 19:00 |
| XORNADAS ACTIVAS DE FIN DE SEMANA | Realízanse actividades de respiro familiar en Merza durante a fin de semana. Moitas das actividades que se realizan favorecen a autonomía, o autocoidado e as habilidades sociais durante a convivencia na estancia. Tamén se ten en conta o tempo para o descanso e o lecer. | Antiga Casa Reitoral de Merza, Parroquia de Merza (Vila de Cruces) | Período quincenal |
| CAMPAMENTOS DE VERÁN | Realízanse dous campamentos durante os meses de verán donde se promove a autonomía, a autorealización e a convivencia. Ademáis, aproveitase para realizar actividades de índole cultural, percorridos pola zona, visitas guiadas e monitorizadas así como de ocio e tempo libre. | Antiga Casa Reitoral de Merza, Parroquia de Merza (Vila de Cruces) | Período estival |
| Nota: Os horarios poden estar suxeitos a cambios. Para máis info: Contacta coa nosa entidade a través do 981594246 |
|||