PROXECTO ECO
É o noso programa de incorporación social e fomento do emprego, a través de formación, actividades culturais e de lecer e actividades relacionadas coa promoción da autonomía persoal.
Neste proxecto contamos co:
Bloque Minerva dirixido a persoas con TMS e/ou discapacidade de diversas idades que precisan apoio formativo, mellorar a súa inserción laboral ou participar en actividades culturais. Inclúese nel tanto o Programa Ágora como o Proxecto Erit.
Bloque de cursos de formación orientado a cursos formativos máis específicos dirixidos á autonomía persoal; monitorado de tempo libre; prevención de riscos laborais, entre outros.
Financiado por

PROXECTO HEBE
É o noso programa de prevención sobre saúde mental facendo especial fincapé na detección de conductas de risco e a prevención do suicidio, dirixido á mocidade de entre 10 e 18 anos. Lévase a cabo en Santiago de Compostela pero prevense actuacións noutros concellos como A Estrada e Teo.
Organízanse en dous bloques:
- Bloque de actividades que contempla as sesións presenciais nos centros educativos con previa inscrición e contacto directo coa nosa entidade.
- Bloque de intervención que recolle diferentes actividades de lecer, sociocomunitarias e culturais previstas (HHSS, campamentos de verán, acompañamento social e grupo de autocoidados).
Financiado por
PROXECTO HERMES
Este programa componse de actividades que engloban diferentes ámbitos: lecer e tempo libre, cultura, formación ou deporte destinadas, á adquisición de habilidades sociais e coñecementos culturais das persoas participantes e como un respiro para as persoas coidadoras, fomentando así a súa integración en actividades normalizadas na propia comunidade.
Organízanse nos distintos bloques:
- Curso de informática, alfabetización dixital e manexo de redes sociais
- Desenvolvemento cultural
- Acompañamento social e grupos de apoio mutuo
- Curso de mantemento do fogar
- Xornadas activas de fin de semana
- Xornadas activas de verán
- Outras actividades previstas: obradoiro de economía doméstica e cociña tradicional
- Lecer participativo
- Liña Mercurium: mantemento físico, defensa persoal, sendeirismo...
Financiado por
PROXECTO IBIS
É o proxecto de voluntariado social sénior orientado a que persoas de 55 anos en diante.
As persoas voluntarias participan nas seguintes actividades:
- Monitorización de programas culturais e educativos (clube de debate; clube de lectura...)
- Ensinanzas prelaborais
- Asesoramento técnico
- Mentor
- Actividade de cociña tradicional
- Visitas culturais guiadas
Financiado por
PROXECTO IRIS
É un proxecto de dinamización e fomento do voluntariado social en Saúde Mental dirixido a persoas mozas de 18 a 30 anos de idade.
Algunhas actividades nas que participan serían as seguintes:
- Voluntariado medioambiental
- Mantemento físico
- Actividades deportivas
- Actividades medioambientais
- HHSS e obradoiro de xénero
- Ludoreca
- Roteiros polo Sar e o Sarela
- Apoio Educativo
- Respiros familiares
- Xornadas activas de verán
- Noites de Cine e Lúa
- Entre outras maís...
Financiado por
LIÑA DE TRABALLO NA ESTRADA
Como novidade, dende inicios do ano 2024 estase a desenvolver unha nova liña de traballo no concello de A Estrada. Actualmente, lévanse a cabo as seguintes actividades aínda que se conta con ampliar a novos horizontes:
- Actividade amigo
- Saídas de lecer e cultural polo concello e a comarca
Financiado por