PROXECTOS EN COLABORACIÓN ANO 2024
BARRACA XXI
A Fundación SGAE, con motivo do 125 aniversario de Sociedade Xeral de Autores e Editores, desenvolve en Santiago de Compostela o proxecto de escolas sociais Barraca XXI.
A escola social de Santiago, englobada no proxecto xunto doutras seis cidades do estado español, nace da alianza entre a asociación Itinera, voluntarios en saúde mental, o Hospital Psiquiátrico de Conxo, e a propia SGAE, e ten como foco de aplicación o eido da saúde mental. O obxectivo da escola é impulsar o proceso de integración e socialización de persoas con trastornos mentais severos, fomentando a participación, a formación e a confluencia nunha experiencia artística común con creadores e creadoras asociadas á SGAE das áreas da música, o teatro, a danza e o audiovisual.
Talleres de teatro, música, e realización audiovisual, masterclass, e outros eventos, servirán de base para a creación dun espazo común entre usuari@s e creador@s, no que se desafíen tabús e se logre unha comunicación fluída entre o mundo da cultura e o da saúde mental.
En alianza coa Fundación SGAE dende Febreiro do 2024

Actividades da Escola Social Barraca XXI en Itínera

- Taller de Radio. Orientado por Javier Pérez “Jas”
Quincenal os Luns 18:30h-20h. Local da Asociación Itinera.
Convidados: Rosa (24 de Xuño), Arturo Kress (22 de Xuño)

- Masterclass de Diego Ameixeiras “O xénero negro na literatura e no cine”. II Xornadas Literarias Kapitan Mette.
Mércores 19 de Xuño. 16:30. Biblioteca do Hospital Psiquiátrico de Conxo

- Masterclass interactiva con Arturo Kress. Club de Lectura.
Luns 22 de Xuño. 17h. Local da Asociación Itinera

- Taller de teatro. Orientado por Avelino González
3-4 e 10-11 de Agosto. Campamento de verán. Casa rectoral de Merza. Vila de
Cruces.