O programa Minerva é un dos máis veteranos e consolidados da Asociación Itínera, onde a formación continua e o a obtención de títulos académicos supuxo (e supón) unha mellora da empregabilidade das persoas participantes. Como consecuencia xurdíu a necesidade de ofrecer ás persoas usuarias un programa de inserción laboral no que poder plasmar e integrar estes resultados: esta foi unha das bases da creación do Centro Especial de Emprego Erit-Itínera, un recurso dirixido á creación de emprego para as persoas con TMS.
Cando o Centro Especial de Emprego Erit-Itínera comezou a medrar dun xeito estable, detectouse a necesidade de crear unha programación continua e especializada encamiñada a mellorar os coñecementos das persoas usuarias, logrando unha maior especialización e fomentando unha integración laboral real e sostible, tanto no campo de traballo do CEE como na formación prelaboral en particular.
É precisamente o ámbito laboral sobre o que pretende incidir o programa ERIT, fomentando a mellora de habilidades prelaborais, así como outros ámbitos que inflúen na mellora da empregabilidade (formación, idiomas…) e creación de emprego directo.