| PROGRAMAS EN ACTIVO (ANO 2026) | |||
|---|---|---|---|
PROGRAMA ECO![]() | É un programa que pretende mellorar a incorporación social e a formación e empregabilidade das persoas con trastorno mental severo e/ou discapacidade. Con este fin, o programa pon o foco en tres ámbitos concretos: Formación: A través de actividades que buscan mellorar e adquirir coñecementos dunha forma participativa e adaptada Cultura: Empregándoa como medio para mellorar a participación social e fomentando o pensamento crítico Empregabilidade: Mellorar neste ámbito a través da formación continua e de actividades específicas | FINANCIAMENTO Fundación José Otero-Carmela Martínez a través do seu plan de Axudas a entidades con fins sociais para o ano 2026 CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E INMIGRACIÓN Ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, para o ano 2025 (TR352A). | |
PROGRAMA HERACLES![]() | É o programa de formación e capacitación en saúde mental. Pretendemos mellorar a capacitación das persoas voluntarias, das entidades, das persoas profesionais, e persoas coidadoras e familias, a través de formación específica na atención a persoas con problemáticas de saúde mental. Queremos dar visibilidade ao labor das persoas voluntarias ao tempo que buscamos mellorar os mecanismos de detección de risco por parte de todos os axentes que participamos neste ámbito. | FINANCIAMENTO CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE Ao abeiro das Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado , con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (CT200A) Importe concedido: 5.142,15 € | |
PROGRAMA LAR![]() | É un programa de promoción da autonomía persoal e atención de coidados dirixido a persoas cun diagnóstico de trastorno mental severo cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%. Trátase dun programa integrado por diferentes actividades relacionadas en especial con actividades da vida diaria, como a alimentación, a realización de trámites ou o manexo de emocións. | FINANCIAMENTO CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE Ao abeiro da Orde do 16 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (BS623D) | |
PROGRAMA IBIS![]() | É un programa de voluntariado social sénior orientado a que persoas de 55 anos en diante poidan empregar a súa experiencia e coñecementos a través da súa participación como persoal de apoio en varias actividades, promovendo o establecemento dun diálogo interxeracional. As persoas voluntarias participan en actividades de diferentes ámbitos que abarcan dende a formación, actividades comunitarias ate actividades relacionadas coas TIC. | FINANCIAMENTO CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE Ao abeiro das Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado , con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (CT200A) | |
PROGRAMA EOLUS![]() | É unha iniciativa de sensibilización e visibilidade do voluntariado en distintas áreas de intervención social (especialmente no eido da saúde mental e a discapacidade) promovida pola Asociación Itínera que pretende dar a coñecer a importancia do voluntariado a través de diferentes estratexias de difusión e concienciación dirixidas á centros educativos, asociacións do terceiro sector e á sociedade en xeral. | FINANCIAMENTO CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE Ao abeiro das Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado , con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (CT200A) | |




